A costela de Adán (interpretación)

IMPARTIDO POR MARIANA CARBALLAL
  • Nivel: medio
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: persoas con experiencia en interpretación.

A igualdade nas artes escénicas e na cultura ocupa moitos titulares nestes momentos. A reflexión sobre a mesma no medio audiovisual é un debate permanente, pero a “naturalización” coa que percibimos esta igualdade impide que busquemos ferramentas para acadala desde o noso eido interpretativo.

Neste obradoiro práctico analizaremos:

  • A interpretación no audiovisual desde unha perspectiva de xénero.
  • Os estereotipos e os roles de xénero. Podemos cambialos desde a interpretación?
  • Que realidade construímos a través dos nosos personaxes?

En función da composición do grupo e do nivel do mesmo, Mariana seleccionará secuencias para traballar en parellas. A estas secuencias aplicaránselles, ademais da análise dramática (circunstancias dadas, obxectivos, puntos de xiro, toma de decisións...), unha análise con perspectiva de xénero para poder “modificar a interpretación” co fin de crear personaxes e roles poderosos e contemporáneos que teñan en conta valores non discriminatorios nin estereotipados e que poidan contribuír a crear unha realidade plural, diversa e plena a través dos medios audiovisuais e cinematográficos. Estas secuencias gravaranse para poder velas e comentalas e, se o tempo o permite, farase unha segunda gravación para comprobar os cambios e avances.

MARIANA CARBALLAL

Mariana Carballal, licenciada en Arte Dramática, posgraduada en Estudos Teatrais e Cinematográficos e cun mestrado en Teatro e Sociedade, é profesora de Interpretación da ESAD de Galicia e de Dirección de actores na facultade de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. Ademais, conta cunha longa traxectoria como actriz de teatro, televisión e cine (Mareas vivas, La piel que habito, Pratos combinados, O ano da carracha, Hospital central, Manos a la obra, Nada es para sempre, O show dos Tonechos etc.) e dirixiu os cincuenta primeiros capítulos da serie da TVG Libro de familia, así como Escoba! e o piloto de En coma, entre outras obras audiovisuais. Na súa carreira participou en numerosos proxectos de diferente natureza, como presentar ou organizar diversas galas de premios, dirixir obras de teatro e impartir obradoiros relacionados coa interpretación a nivel nacional e internacional.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?