A montaxe audiovisual. Procura e descubrimento

IMPARTIDO POR SANDRA SÁNCHEZ
  • Nivel: medio
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • Nº de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: alumnos de disciplinas audiovisuais, cineastas afeccionados ou calquera persoa interesada no proceso da montaxe dentro da narrativa audiovisual. Non é necesario ter experiencia previa, pero si ter nocións básicas de montaxe e saber usar (aínda que sexa de forma elemental) algún programa de edición.

Neste curso analizaranse as estratexias de traballo e as funcións que asume o montador nunha obra audiovisual, sobre todo naqueles casos nos que a montaxe forma parte substancial do proceso de escritura. O obradoiro centrarase especialmente na montaxe documental e faranse exercicios prácticos de montaxe sobre diversos materiais.

Material necesario: Non é imprescindible, pero sería recomendable dispoñer dun ordenador portátil propio cun programa de edición instalado (o tipo de programa é indiferente, o obxectivo será centrarse na narrativa, non na ferramenta). Formaranse equipos de traballo, polo que aqueles alumnos que non dispoñan de ordenador propio poderán participar igualmente nas decisións de montaxe.

sandra sánchez

Sandra Sánchez estudou realización audiovisual na primeira promoción da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e desde 1991 traballou como directora e montadora de distintas producións, cun especial interese polo xénero documental. A súa primeira longametraxe, Tralas luces, foi seleccionada no Festival de Cine de San Sebastián, na sección Zabaltegui-Nuevos Directores, e foi premiada no 2011 cos Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, dirección e montaxe. Anteriormente xa dirixira varios documentais e series para TV (Rías Baixas, Soños dende o abismo, 112 Rescate, Aguiño, sobrevivir al Prestige etc.) e como montadora traballou con distintos directores e produtoras, tanto en cine como en televisión (Doentes, Querida Gina, Torre de Breoghán etc.). Os seus últimos traballos de montaxe son Migas de pan de Manane Rodríguez e Esquece Monelos de Ángeles Huerta.

Sandra Sánchez estudou realización audiovisual na primeira promoción da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e desde 1991 traballou como directora e montadora de distintas producións, cun especial interese polo xénero documental. A súa primeira longametraxe, Tralas luces foi seleccionada no Festival de Cine de San Sebastián, na sección Zabaltegui-Nuevos Directores, e foi premiada no 2011 cos Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, dirección e montaxe. Anteriormente xa dirixira varios documentais e series para TV (Rías Baixas, Soños dende o abismo, 112 Rescate, Aguiño, sobrevivir al Prestige, etc.) e como montadora traballou con distintos directores e produtoras, tanto en cine como en televisión (Doentes, Querida Gina, Torre de Breoghán, etc.). Os seus últimos traballos de montaxe son Migas de pan de Manane Rodríguez e Esquece Monelos de Ángeles Huerta.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?