Reporteirismo gráfico. Operador de cámara ENG

IMPARTIDO POR JUAN BARCIA
  • Nivel: medio
  • Duración: 14 horas
  • Horario: sábado: de 10 a 14h e de 15:30 a 19:30 h
    domingo: de 10 a 14h e de 15:30 a 17:30h
  • N.º de prazas: 15
  • Cota de inscrición: 50 €
  • Datas:18 e 19 de febreiro de 2017

Dirixido a: profesionais ou estudantes de imaxe, realización, produción, xornalismo ou comunicación audiovisual. Outros interesados con coñecementos básicos de cámara de vídeo e imaxe audiovisual.

Os equipos ENG (Electronic News Gathering) céntranse especialmente na obtención de noticias para os informativos ou as rodaxes de exteriores con pouco equipo como algúns documentais. O material gravado por un equipo ENG é posteriormente levado a unha sala de edición de onde sairá finalmente una peza informativa. Nos equipos de produción ENG interveñen diferentes perfiles profesionais da imaxe, a produción e a comunicación.
Neste obradoiro o alumno aprenderá a operativa técnica de cámara nun equipo ENG así como a manexar as situación habituais ás que se enfronta o reporteiro gráfico no seu desempeño profesional.

PROGRAMA

  • Sinal de vídeo. Sistemas de televisión analóxicos e dixitais. SD, HD e 4K.
  • Formatos de gravación P2 e XDCAM. Códecs de vídeo.
  • Teoría xeral de cámaras. Tipos e usos.
  • Editores non lineais.
  • Modos de transmisión de sinal. Unidades DSNG. Envíos FTP.
  • O equipo de traballo ENG.
  • Equipo de cámara ENG.
  • Operacións e axustes de cámara. Boas prácticas.
  • Control de realización. Definición de postos e medios técnicos.
  • Produción dunha nova e edición dun informativo.

JUAN BARCIA

Juan Barcia estudou cine, vídeo e televisión no Instituto INVICT de Barcelona a finais dos anos 90 e comezou a súa carreira no mundo audiovisual de cámara en programas como Supermartes e Todos a bordo. A principios do 2000 formou parte do departamento técnico de Localia Televisión, onde desempeñou diversos postos como operador de continuidade, operador de cámara, editor de vídeo, realizador e xefe técnico. Traballou como operador de unidade móbil DSNG, realizando enlaces vía satélite para cadeas como Antena 3 televisión, Cuatro, CNN+ e Canal+. Foi xefe técnico de unidade móbil e realizador, en múltiples retransmisións deportivas para Telelugo, FEB Tv, TVG e MarcaTV. No campo da ficción traballou como auxiliar de xefe técnico na serie O Faro durante varias temporadas, antes de traballar como reporteiro gráfico na canle autonómica V Televisión.
Actualmente é operador de cámara freelance como reporteiro gráfico para diversas televisións nacionais (TVE, Antena 3) en programas como España directo, Espejo Público, e como operador de cámara en directo para as principais cadeas nacionais (TVG, TVE, Telecinco, Cuatro, La Sexta, 13 Tv) e deportivas (beIN SPORTS, Real Madrid TV, Barça TV).

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?