Descontos para soci@s de Senunpeso e para asociacións de Vedra

No LAV017 ofrecemos descontos ás persoas sociais de Senunpeso e a representantes de asociacións de Vedra.

Desconto para soci@s de Senunpeso
As persoas que pagaron a cota de soci@ de Senunpeso de 2016 (10 €) teñen un desconto equivalente na matrícula de calquera curso do LAV017 ao que asistan. Podes inscribirte en calquera cursos escribindo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o curso que che interesa. Enviarémosche un número de conta para que fagas a transferencia e reservarémosche a praza durante 24 horas desde a nosa resposta, se nese prazo non te matriculas desbloquearémola.

Desconto para representantes de asociacións de Vedra
O LAV017 oferta para representantes das asociacións de Vedra (culturais, deportivas, veciñais...) prazas en dous cursos cun 50% de desconto no prezo da matrícula: pagarán só 25 €. Son os cursos de "Edición de vídeo para principiantes" e "Luz escénica". Cada asociación só poderá apuntar como máximo a dúas persoas con este desconto. Concederanse ata 5 prazas por curso, pero non se reservan prazas nin teredes prioridade sobre o resto de persoas interesadas: os cursos cóbrense por rigorosa orde de inscrición.

Se queres vir ao LAV016 en representación dunha asociación do concello de Vedra e queres gozar deste desconto, escríbenos a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indícanos o curso ao que te queres inscribir e envíanos un certificado do secretario ou secretaria da asociación correspondente que indique que te designa para asistir ao LAV en representación da asociación. Responderémosche se quedan prazas bonificadas e enviarémosche un número de conta para que fagas a transferencia. A praza queda reservada durante 24 horas desde a nosa resposta, se nese prazo non te matriculas desbloquearémola.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?