Radio para maiores

IMPARTIDO POR SERGIO PASCUAL E LUCÍA ABARRATEGUI
Idade: maiores do Concello de Vedra (a partir de 60 anos)
Duración: 8 horas de clase máis o acto de peche
Horario: sábado 18 de febreiro de 10 a 13 hs e domingo 19 de 16 a 19 hs (o sábado á noite intentarase facer unha reportaxe da celebración do X aniversario)
Inscrición gratuíta

A radio é un medio que naceu cos maiores e a dixitalización, co formato podcast e a radio á carta, democratizouno e achegouno aos máis novos. O LAV é un evento de referencia cheo de xuventude, pero… e os maiores? Este ano contamos coa novidade dun obradoiro que promove a interxeracionalidade na formación do audiovisual, no que traballaremos coa voz e a imaxinación, faremos entrevistas, pezas creativas, reportaxes e remataremos cun programa en directo co acto de peche do Laboratorio Audiovisual de Vedra. Se che gusta a radio, tes curiosidade e ganas de pasalo ben, esta é a túa oportunidade! Anímate!

SERGIO PASCUAL E LUCÍA ABARRATEGUI

Sergio Pascual e Lucía Abarrategui son especialistas en radio que fundaron no 2013 Laboratorio de Radio. Desde aquela traballaron con diversas entidades e institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, Cruz Vermella, Centro de Formación de Profesores, Asociación Melisa, Dirección Xeral de Xuventude, etc. e imparten cursos de radio en diferentes concellos de Galicia e do resto de España.

www.laboratorioderadio.com
www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?