Xogando coa holografía

IMPARTIDO POR XURXO GUITIÁN
  • Idade: de 10 anos a 16 anos
  • Duración: 4 horas
  • Horario: domingo 19 de febreiro: de 10 a 14h
  • N.º de prazas: 15
  • Inscrición gratuíta

Neste pequeno obradoiro explicaremos os principios básicos da holografía e a diferenza entre o que son os "efectos holográficos" e a holografía real. Veremos como o que hoxe coñecemos como efectos holográficos se inventou hai moito tempo e como estes existen na natureza. Finalmente amosaremos como é posible converter o móbil ou a tableta nun "proxector holográfico" e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías.

Para este obradoiro é necesario traer un ordenador portátil, ademais dunha tableta ou un teléfono móbil. Se alguén non ten ordenador portátil, compartirá con outro alumno, pero é preferible que cada quen traia o seu. O ordenador deberá levar instalado o programa VideoPad, que se pode descargar directamente desde aquí.

É importante que o alumnado non traia roupa de cor verde nin negra, e a ser posible que non teñan deseños de cadriños ou estampados.

PROGRAMA

  • Introdución á holografía.
  • A holografía no mundo audiovisual.
  • Holografía e efectos holográficos. Usos e aplicacións.
  • Como facer un proxector holográfico.
  • Como crear as túas propias holografías.
  • Creación dunha proxección holográfica de cada un dos asistentes.

 

Xurxo Guitián

Desenvolveu case toda a súa carreira profesional no departamento de publicidade de La Voz de Galicia. Aló ten deseñado automatismos para a integración da publicidade no sistema editorial. Encargouse do deseño, edición e xestión de publicidade para soportes dixitais (internet, televisión) e en papel. Administrador dos CMS para a xestión de contidos dixitais nas webs do Grupo Voz e adaptación de formatos de vídeo para a súa reproducción en múltiples plataformas, navegadores e sistemas operativos

En 2013 funda a empresa CETA Systems dedicada á xestión de dispositivos de Digital Signage avanzados que permiten controlar en remoto redes de cartelería dixital baseadas en reproductores Android cun sistema de control multiplataforma en JAVA. Para darlle maior alcance á cartelería dixital orientada á publicidade desenvolve sistemas de proxección holográfica para instalacións efémeras.

Log In or Sign Up

Se estás matriculado/a en algún obradoiro do LAV introduce os teus datos de acceso para acceder ao foro de alumnos.

¿Recordar contraseña? / ¿Recordar usuario?